Que debes saber sobre o chan radiante
Coa chegada do frío tal vez te estés plantexando cambiar o teu sistema de climatización polo sistema de chan radiante.
Este sistema consiste en colocar un panel aislante sobre o formigón da casa. Nel fíxanse as tubaxes convenientemente separadas. Estas tubaxes parten duns colectores de distribución, que son como armarios. Alí chegan todos os tubos. Estes armarios suelen ir ocultos en algún lugar da vivenda.
Pero, ¿Pódese instalar en todos os chans?
No, necesitan ter inercia térmica, que é a capacidade de conservar a enerxía térmica e ir liberándose progresivamente. Ademais hai que ter en conta que se necesita levantar o chan e instalalo sobre o mismo e requírese dun espazo donde colocar a máquina de aerotérmia encargada de producir frío e calor.
Hai que ter en conta a ubicación do fogar así como o aislamento do mismo para estimar si este sistema será efectivo ou non.
As ventaxas deste sistema son que ó ser un sistema de climatización invisible, permite liberar todas as paredes e subir o falso teito se previamente existía un sistema de aire. Ademais como funciona a baixas temperaturas, contribúe a reducir o cunsumo de enerxía xa que a calor se reparte de forma homoxénea.
As desventaxas son que require unha alta inversión inicial, aínda que a inversión se rentabiliza nun curto prazo. Outra é que ó ser un sistema oculto, se aparece un problema no circuito débese de levantar o chan da zona afectada.