Enerxía solar térmica
As enerxías renovables conlevan un gran aforro enerxético e unha mellora da eficiencia do fogar. Grazas a este tipo de enerxías os nosos fogares non dependen tanto dos combustibles fósiles, o que conleva unha menor emisións de CO2 a atmosfera.
Unha das enerxías renovables que máis expansión está sufrindo día a día é a solar. Basada no sol, esta enerxía recolle a calor solar no campo de captadores, producindo auga quente destinada ó consumo doméstico ou a produción de enerxía eléctrica.
A función principal do captador solar ou placa solar consiste en quentar un líquido que é bombeado cara o lugar de intercambio da enerxía, denominado acumulador, cedendo o calor do líquido quente e facendo que o líquido frío volva a circular polo panel.
Unha das ventaxas deste acumulador é que ten a capacidade de almacenar a calor durante a noite. Mesmo con días nubrados e chuviosos as placas poden seguír producindo auga quente, aínda que en menor cantidade. De todos modos esta enerxía sempre conta cunha fonte enerxética auxiliar, por se as condicións climatolóxicas non permitise o bo funcionamento das placas.
Mediante a instalación das placas solares, pódese aforrar aproximadamente un 70% da enerxía convencional, tendo en conta que o precio da electricidade e do gas tenden a subir, como resultado a inversión realizada é recuperada nun tempo cada vez menor.