-
email
administracion@itenor.es
-
Chámanos
625662899
Hoxe queremos ofrecervos algunhas claves para adaptar o fogar ao inverno que xa se aveciña.
No medio da pandemia do Covid-19 é moi importante protexerse da gripe e non sumar complicacións, ademais os cambios bruscos nas temperaturas aumentan o risco de sufrir arrefriados, as defensas baixan e os virus atacan o sistema.
Se a isto se lle engade que nesta época hai que pasar gran parte do tempo na casa como exercicio de responsabilidade e precaución, é conveniente prestar moita atención esta tempada e prepararse para que o frío non sorprenda e faga pasar malos intres este inverno.
Afortunadamente, cada vez utilízanse caldeiras máis modernas e eficientes. Fabricantes como Saunier Duval, Junkers ou Vaillant son algunhas das caldeiras máis coñecidas e demandadas do mercado.
Tamén é recomendable seguir os seguintes consellos para climatizar o fogar e aforrar un diñeiro na factura.
1. O primeiro a ter en conta é usar a calefacción de forma responsable. A temperatura do fogar debe estar entre 20° e 22° C e é importante mantela nese rango, xa que se obterá confort, evitará os cambios de temperatura e aforrará enerxía.
2. Colocar termostatos. Se se tes unha caldeira pero non un termostato urxe a súa instalación para non sobrequentar o ambiente, evitar as variacións bruscas de temperatura e tamén para aforrar enerxía. Cada grao que teña a casa por encima de 22° C supoñerá aproximadamente un 8% máis de enerxía na factura de gas.
É posible instalar termostatos programables que permiten variar a temperatura en diferentes horarios:
· Vía Cable, entre a caldeira e o termostato.
· Vía Radio, inalámbrico. Leva un receptor que se incorpora internamente á caldeira e o emisor, que se pode poñer en calquera lugar da casa (recomendable no salón).
· Vía WIFI, contrólase a través dunha aplicación no móbil mediante a cal é posible xestionar a caldeira en todo momento sen ter que estar na casa.
3. Revisar a aislación térmica de portas e xanelas. Hai que mirar os ocos e rendijas por onde pasa o frío, hai que selar eses espazos con sellador ou poñer burletes que impidan o paso do frío. Este ingreso de aire, que moitas veces pasa desapercibido, pode ser responsable de perdas de entre un 15% e un 25% da calor da casa. Por iso selar as portas e xanelas aforrará moito diñeiro.
4. En caso de ter caldeira é moi importante realizar un mantemento / revisión antes de que chegue o frío, as caldeiras necesitan mantemento para traballar de forma eficiente e confiable cada dous anos. É mellor non arriscarse a que en plena onda de frío a caldeira non funcione por non realizar o mantemento correspondente.
5. Se a caldeira ten máis de dez anos e xa tivo varios avarías, tal vez é tempo de pensar en renovala e instalar unha con tecnoloxía de condensación, coa que se aforrará moito gas.
Desde Itenor asesorámosche para atopar o produto que mellor se adapta ás túas necesidades e contamos cun equipo especializado e profesional na instalación de caldeiras de condensación.
As enerxías renovables conlevan un gran aforro enerxético e unha mellora da eficiencia do fogar. Grazas a este tipo de enerxías os nosos fogares non dependen tanto dos combustibles fósiles, o que conleva unha menor emisións de CO2 a atmosfera.
Unha das enerxías renovables que máis expansión está sufrindo día a día é a solar. Basada no sol, esta enerxía recolle a calor solar no campo de captadores, producindo auga quente destinada ó consumo doméstico ou a produción de enerxía eléctrica.
A función principal do captador solar ou placa solar consiste en quentar un líquido que é bombeado cara o lugar de intercambio da enerxía, denominado acumulador, cedendo o calor do líquido quente e facendo que o líquido frío volva a circular polo panel.
Unha das ventaxas deste acumulador é que ten a capacidade de almacenar a calor durante a noite. Mesmo con días nubrados e chuviosos as placas poden seguír producindo auga quente, aínda que en menor cantidade. De todos modos esta enerxía sempre conta cunha fonte enerxética auxiliar, por se as condicións climatolóxicas non permitise o bo funcionamento das placas.
Mediante a instalación das placas solares, pódese aforrar aproximadamente un 70% da enerxía convencional, tendo en conta que o precio da electricidade e do gas tenden a subir, como resultado a inversión realizada é recuperada nun tempo cada vez menor.
Coa chegada do frío tal vez te estés plantexando cambiar o teu sistema de climatización polo sistema de chan radiante.
Este sistema consiste en colocar un panel aislante sobre o formigón da casa. Nel fíxanse as tubaxes convenientemente separadas. Estas tubaxes parten duns colectores de distribución, que son como armarios. Alí chegan todos os tubos. Estes armarios suelen ir ocultos en algún lugar da vivenda.
Pero, ¿Pódese instalar en todos os chans?
No, necesitan ter inercia térmica, que é a capacidade de conservar a enerxía térmica e ir liberándose progresivamente. Ademais hai que ter en conta que se necesita levantar o chan e instalalo sobre o mismo e requírese dun espazo donde colocar a máquina de aerotérmia encargada de producir frío e calor.
Hai que ter en conta a ubicación do fogar así como o aislamento do mismo para estimar si este sistema será efectivo ou non.
As ventaxas deste sistema son que ó ser un sistema de climatización invisible, permite liberar todas as paredes e subir o falso teito se previamente existía un sistema de aire. Ademais como funciona a baixas temperaturas, contribúe a reducir o cunsumo de enerxía xa que a calor se reparte de forma homoxénea.
As desventaxas son que require unha alta inversión inicial, aínda que a inversión se rentabiliza nun curto prazo. Outra é que ó ser un sistema oculto, se aparece un problema no circuito débese de levantar o chan da zona afectada.